Macro parque eólico Ventisca-Monzón-Boura

¿Qué é esto do macroparque?

Estamos seguros de que a todos vos colleu por sorpresa esta noticia: a implantación dun macroparque eólico que afecta os concellos de Meira, Pastoriza e Pol pola empresa Greenalia, do que ninguén tiña coñecemento ata fai escasos dous días, e no que todo xoga a nosa contra: tanto o proxecto en sí como a desinformación e o tempo co que contamos para poder manifestar o noso desacordo. Publicado no BOE 18 de agosto de 2021 e do que ningún veciño tiña constancia, por sorte, a casualidade, quixo que contásemos con 7 días nos que podemos presentar as alegacións pertinentes.

Se todos remamos na mesma dirección pode que aínda non esté todo perdido. Debemos ter moi presente que unicamente a empatía entre concellos e a unión veciñal serán a nosa mellor baza para conseguir que a nosa terra siga conservando o seu valor medioambiental, paisaxístico, arqueoloxico e turístico.

Ortofoto aérea do proxecto.


Situación do macroparque:

Datos de interese

A continuación proporcionámosvos unha serie de datos a ter en conta para entender mellor as dimensións deste proxecto:

  • 11.320 hectáreas que se incluirán no macroparque eólico.
  • 60 kilómetros de nova liña de alta tensión (dende Pol ata Xove) con torres de 40 metros de altitude.
  • 38 aeroxeradores de 180 metros de altitude, situados varios deles a escasos 600 metros de núcleos rurais.
  • Situarase dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Aquí podedes descargar toda a información referente a este proxecto:

https://www.mptfp.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/proyectos-ci/INFORMACION_PUBLICA/INSTALACIONES_ELECTRICAS/INFORMACION_PUBLICO_25.html

Unha imaxe vale máis que mil palabras:

Afeccións:

  • Hectáreas de afección do futuro parque eólico: 11.320
  • Espacios naturais protexidos:
    • Reserva da Biosfera Terras do Miño
    • ZEP A Marronda
    • ZEP Parga-Ladra-Támega
    • ZEPVN A Marronda-Río Eo
    • ZEC Río Eo
  • Cursos fluviais:
    • Río Miño
    • Rego Rodeiro
    • Rego da Fraga
    • Rego de Xixín
    • Rego Valiño
    • Rego do Piñeiro
    • Rego Porto da Pena
    • Numerosos regos indeterminados
  • Espazos naturais de interese paisaxístico e turístico:
    • Nacemento do Río Miño
    • Alto das Vedras
    • Mirador Pico Forno Martín
  • Itinerarios e rutas de sendeirismo:
    • Itinerario NAT078 Serra de Meira (de interés paisaxístico)
    • Serra de Meira (Irimia- Órrea)
    • Ruta das augas de Fonmiñá
    • Ruta Marronda-Alto Eo
    • Sendeiro Muiños-Poñente
    • Ruta Gallol
    • Rutas BTT
  • Áreas recreativas de Meira e Pastoriza.
  • Patrimonio cultural:
    • Medorras Marco Álvare 1 e 2
    • Os Castros
    • Cortello da Vella 1, 2, 3, 4, 5
    • Os Castros- A Valiña
    • Castro do Cerralleiro
    • A Croa, Castro de Curro
    • Igrexa de San Cosme de Piñeiro


Con todos estes datos que vos acabamos de enumerar, queda máis que evidenciada a forte repercusión que terá este proxecto sobre a zona.

A maiores de todo esto, debemos ter en conta o impacto acústico que sufrirán as poboacións máis próximas e a perda de valor e dereitos das parcelas incluidas na zona de afección do parque eólico (recordemos que se trata nada máis e nada menos que de 11.320 hectáreas; podédesvos facer unha idea da inmensa cantidade de parcelas que se atopan nesa superficie).

As cousas claras.

¿Qué podemos facer?

Agora mesmo estamos dentro do plazo (ate o mércores día 29 de setembro) para presentar unha serie de alegacións tanto de maneira conxunta como individual (canto maior sexa o número de presentacións, mellor)

Ademáis contamos cunha petición de recollida de firmas na plataforma Change.org, que poderás firmar AQUÍ

¿Onde podemos presentar as alegacións?

Presentando de forma telemática e co teu certificado dixital na seguinte páxina: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do (o organismo destinatario é “subdelegación del gobiero en A Coruña-área fun.de industria y energía) os modelos de alegacións que vos deixamos a continuación (hai un modelo para cada un dos tres parques eólicos proxectados):

Ou ben, presencialmente, entregando os modelos anteriores no rexistro do teu concello.

¿Qué máis se pode facer?

Estade pendentes do noso apartado “últimas noticias” pois ahí iremos informando das reunións que se convoquen e por suposto toda difusión en redes sociais, entre veciños, asociacións e demáis, é benvida. Unidos somos máis fortes, lembra que a túa factura da luz incrementa ao mesmo tempo que se empobrecen as nosas vilas, pero non as grandes empresas.

Un comentario en “Macro parque eólico Ventisca-Monzón-Boura

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora